espritos das nevoadas veigas
podres canotas furadas fogar dos vermes e alimanas
fucino do satiro e pe de coello
pecadora lingua da mala muller casada con home vello
averno de satan e belcebu
lume dos cadavres ardentes
corpos mutilados dos indecentes
muxido da mar embravescida
barriga inutil da muller solteira
falar dos gatos que andan a xaneira
guedella porca da cabra mal parida
con este fol levantarei as chamas de este lume que asemella ao do inferno
fuxiran as bruxas a cabalo das suas escobas
indose banar na praia das areas
os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse na augardente
e cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas
quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento
a vos fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente
facede cos espritos dos amigos que estan fora
participen con nos de esta queimada